A Wii U confÃrmase como un dos grandes fracasos da tempada
venres, 17 de xaneiro do 2014
A Nintendo
non lle saÃron ben as contas para este ano fiscal. Ou sexa, para
o perÃodo de doce meses que remata en marzo. O caso é que a
compañÃa mandou ter listas nove millóns de unidades de Wii U para
comercializar, unha cifra que vén de ser rebaixada á de 2,8
millóns. E semella que aÃnda pode haber máis axustes. As razóns
deste gatillazo da mÃtica
compañÃa de videoxogos xaponesa con base orixinal en Kyoto?
Pois haberÃa que buscalas en boa medida no compoñente excesivamente
innovador (a un paso do excesivamente complicado) da consola. De
feito, lembremos que é unha mestura entre consola e tablet e que
achega a posibilidade de xogar sen fÃos en varias pantallas de xeito
simultáneo, cousa que non convenceu aos desenvolvedores de xogos,
que foron deixando á novidade de Nintendo coxa de produtos.
Segundo contan os medios,
fracaso da Wii U implicará perdas enormes para a compañÃa.
Pasarase dos 500 millóns de dólares previstos a unhas perdas de 240
millóns. Ademais, a carreira coas consolas competidoras, a Xbox One
de Microsoft e a PlayStation 4 de Sony, está a ser especialmente
dura. De feito, tal e como demostrou na pasada campaña de Nadal, non
houbo competición algunha. En Estados Unidos, mesmo a antiga consola
de Microsoft, a Xbox 360, foi quen de rexistrar máis vendas cá Wii
U. Lembrar
que a consola chegou a Europa en novembro de 2012 e fÃxoo cuns
prezos que partÃan de 300 euros cara arriba e en 2 versións
diferentes: un lote básico que inclúe unha Wii U con 8 Gb de
capacidade de almacenamento interno e un Wii U GamePad (ambos en cor
branca) e un lote Premium que chegou en cor negra, ampliando a súa
capacidade interna a 32 Gb e incluÃndo adicionalmente un soporte
para a consola e o GamePad, unha base de recarga do GamePad, unha
barra de sensores e o xogo Nintendo Land.