A TVG ofrecerá en primicia vía web os capítulos de A lei de Santos

venres, 24 de setembro do 2021 Marcus Fernández

O pasado mes de maio a Televisión de Galicia sorprendía ofrecendo en primicia na súa páxina web os novos episodios da súa serie Método Criminal, e esta fin de semana repetirán a xogada con A lei de Santos, serie que se mite na TVG os domingos pola noite, e que ofrecerase en primicia a través de EnSerie.gal os sábados ás 15:00 horas, adiantándose así un día a súa emisión tradicional.
Con esta medida a Galega busca adaptarse ás novas tendencias de consumo audiovisual, para o que xa lanzaran no seu día EnSerie.gal (como un servizo de vídeo baixo demanda orientado á ficción televisiva), e precisamente avanzando nesa dirección confirman que en 2022 esta plataforma pasará a ser substituída por unha OTT da CRTVG que ofrecerá todos os contidos á carta en diferentes soportes.

JPEG - 151.1 KB
EnSerie.gal publicará os capítulos de A lei de Santos con máis dun día de antelación

PUBLICIDADE