A PlayStation 4 recibe o xogo Ultra Street Fighter IV
martes, 26 de maio do 2015
Para facer máis soportable a espera dos usuarios de
PlayStation 4 para o Street Fighter V
estrean hoxe en
formato descargable Ultra Street Fighter
IV, xogo que inclúe todos os contidos que foron saÃndo para a versión
de PlayStation 3, mellora a xogabilidade grazas ao feedback recibido de anteriores versións e incluso incorpora
os controladores Lab Zero, o que permite o uso dos FightSticks de PS3
licenciados.
Este xogo conta cos 49 loitadores (incluÃndo os novos Elena, Hugo, Poison,
Rolento e Decapre), permite acceder a máis de 100 traxes distintos (que na
versión de PS3 era contido adicional), pode xogarse a 1.080p e 60 imaxes por
segundo e incluso corrixe o retardo dos controis da versión de PS3, de xeito
que estariamos ante a versión definitiva do xogo en consolas. Tampouco lle
faltan os modos de xogo en liña e pode mercarse por un prezo de 24,99 euros, o
que é un prezo bastante axustado se temos en conta que o xogo para PS3 custa
29,99 euros e os dous paquetes completos con contido descargable dispoñibles
custan 17,99 euros, de xeito que o prezo total do xogo para PS3 estarÃa en
preto dos 66 euros.