A PlayStation 4 entrou na fase final do seu ciclo de vida
martes, 22 de maio do 2018
A finais de ano a PlayStation 4 levará 5 anos entre
nós, e aÃnda que os tempos entre xeracións de consolas parecÃan alongarse,
especialmente grazas
ao lanzamento da PlayStation 4 Pro, que renovarÃa parcialmente a actual
xeración sen forzar a un cambio, dende Sony non parecen dispostos a superar a lonxevidade
da PlayStation 3 (que estivo no mercado durante 7 ano sen sucesora, cando as
anteriores xeracións duraran 6 anos) e o presidente de Sony Interactive
Entertainment, John Tsuyoshi Kodera
asegurou en Tokio hoxe ante os investidores da compañÃa que a PlayStation 4
está a entrar na súa fase final do seu ciclo de vida, o que afectarÃa aos
seus resultados de vendas, aÃnda que confÃan que os ingresos derivados de servizos
de subscrición como PlayStation Plus poidan paliar a situación.
Até o 31 de marzo terÃanse vendido un total de 79 millóns de consolas
PlayStation 4 a nivel mundial, o que é un resultado excelente, ao estar moi
próximo dos preto de 87 millóns de PlayStation 3 que venderon durante todo o
seu ciclo de vida e por vender máis do dobre de unidades que o seu competidor
máis directo (a Xbox One).
Kodera tamén confirmou que a plataforma PlayStation VR está a funcionar peor do
estimado, polo que terán que axustar mellor as súas previsións atendendo á
realidade, o que parece indicar que a realidade virtual está aÃnda lonxe de
converterse nun formato de lecer masivo, que probablemente chegou ao consumidor
final antes de que a tecnoloxÃa tivese evolucionado dabondo.
AÃnda que estamos preto da celebración da feira E3, non parece que as
declaracións de Kodera vaian acelerar a presentación que moitos están a
esperar, a dunha futura PlayStation 5, que polo momento non ten unha data de
lanzamento prevista (aÃnda que moitos apuntan a que verÃa a luz en 2019).