A PSP renovada chega ás tendas españolas
mércores, 5 de setembro do 2007
Sony España lanza hoxe a revisión da súa consola
portátil, de xeito que xa está á venda a PSP Slim & Lite que ofrece unha
baterÃa máis eficiente, un lector de discos UMD máis rápido, pesa un 33% menos
e é un 19% máis final, conservando o tamaño da pantalla orixinal e permitindo ver
os contidos da consola no televisor de casa.
O prezo da nova consola é de 169,99 euros e está dispoñible en 3 cores: negro
brillante, branco porcelana e prata brillante.
Esta
nova consola estreará cores no Nadal, cando se ofrecerá en packs con xogos,
de xeito que haberá unha edición limitada en cores vermella e negra co xogo Spider-Man 3 e outra amarela co xogo dos
Simpson.