A Nintendo Switch arrasa en vendas durante o Black Friday
luns, 7 de decembro do 2020
AÃnda que no sector dos videoxogos as novas consolas Xbox e
PlayStation acaparan os titulares, por estar a estrear xeración, é indiscutible
que a consola que trunfará no Nadal será a Nintendo Switch, en boa medida porque
será a única que poderá atoparse nas tendas. Pero tampouco hai dúbidas sobre o
feito de que Nintendo atinou completamente coa súa consolas de videoxogos, que
conseguiu facerse un oco no mercado con independencia das xeracións de consolas
e dos grandes gráficos, non quedando só aÃ, senón que nos últimos dous anos a
Switch foi a consola máis vendida e a consultora GfK vén de pór en cifras este
éxito, sinalando que entre
o seu lanzamento o 3 de marzo de 2017 e a fin de semana do Black Friday a
Nintendo Switch vendeu 1.570.000 consolas en España.
Durante as vendas do Black Friday os distintos modelos de Nintendo Switch
acapararon o 72% das vendas de consolas, e entre os 10 xogos máis vendidos en
España ao longo de 2020 eran de Nintendo 6, deixando moi claro o poderÃo da compañÃa
nipoa.
A nivel mundial a Nintendo Switch anda preto dos 70 millóns de unidades
vendidas, moi por diante dos preto de 49 millóns de unidades da Xbox One, e
aÃnda lonxe dos 114 millóns de unidades da PlayStation 4 (consola á venda dende
2013, polo que proporcionalmente vendeu bastante menos que a de Nintendo).
Estes datos son moi reveladores, xa que confirman que aÃnda hai mercado para as
consolas de videoxogos, pese a que moitos agoiraran a súa desaparición coa
emerxencia dos smartphones e as tabletas.