A Nintendo 3DS recibe aplicación de YouTube sen reprodución de vÃdeos en 3D
luns, 2 de decembro do 2013
No último Nintendo
Direct anunciaron que a Nintendo 3DS Ãa recibir en breve a aplicación
oficial de YouTube, e finalmente está aquÃ, de xeito que os usuarios da consola
portátil de Nintendo poderán explorar os contidos do portal de vÃdeo de Google,
realizando a navegación na pantalla táctil da consola e visualizando os vÃdeos
na pantalla superior, aÃnda que cunha carencia un tanto vergoñenta: os vÃdeos
dispoñibles en 3D en YouTube non poden reproducirse polo momento aproveitando
as funcións estereoscópicas da 3DS.
A nova aplicación de YouTube presenta unha navegación moi semellante á doutras
aplicacións móbiles do servizo, coa grande diferenza de que, desta volta,
aparte do control táctil tamén poden aproveitarse os botóns fÃsicos da consola
para facilitar a navegación a través das listaxes de vÃdeos e durante a
reprodución permiten pausar/reanudar os vÃdeos (ou saÃr dos mesmos).
Durante a reprodución dos vÃdeos é posible seguir a navegar polos contidos de
YouTube na pantalla inferior, asà como realizar buscas (aÃnda que neste último
caso o tecleo das buscas deterán momentaneamente a reprodución dos vÃdeos).