A Mega Drive Mini confirma o seu futuro catálogo de xogos
martes, 4 de xuño do 2019
Dentro da actual febre polas consolas retro de tamaño
reducido levamos meses escoitando falar da futura Mega Drive Mini, que verá
a luz o 19 de setembro incluÃndo 40 xogos precargados, 2 mandos e cables
USB e HDMI, e da que foron dando a coñecer os seus xogos paulatinamente até
completarse o seu catálogo con varios dos xogos máis relevantes da plataforma,
como son Tetris, Virtua Fighter 2, Columns e Strider.
Curiosamente a listaxe completa de xogos finalmente non serÃa de 40, xa que Tetris
e Darius estarÃan fóra da conta e considerarÃanse tÃtulos adicionais
(polo que podemos entender que conseguiron os permisos para a súa incorporación
nos últimos dÃas, contribuÃndo a dar un empurrón a un produto que vai telo moi
difÃcil unha vez que o público pasou a ver con realismo moitas destas máquinas
(o que provocou, por exemplo, o rotundo fracaso da PlayStation Classic (que
tivo que reducir drasticamente o seu prezo para evitar a acumulación de
existencias nas tendas).
Os 42 xogos que incluirá a Mega Drive Mini serán os seguintes: Sonic The
Hedgehog, Ecco the Dolphin, Castlevania: The New Generation, Space Harrier 2,
Shining Force, Dr. Robotnik’’s Mean Bean Machine, ToeJam & Earl, Comix Zone,
Altered Beast, Gunstar Heroes, Castle of Illusion Starring Mickey Mouse, World
of Illusion Starring Mickey Mouse and Donald Duck, Thunder Force III, Super
Fantasy Zone, Shinobi III, Streets of Rage 2, Earthworm Jim, Sonic The Hedgehog
2, Probotector, Landstalker, Mega Man: The Wily Wars, Street Fighter II:
Special Champion Edition, Ghouls ‘n Ghosts, Alex Kidd in the Enchanted Castle,
Story of Thor, Golden Axe, Phantasy Star IV: The End of the Millennium, Sonic
The Hedgehog Spinball, Vectorman, Wonder Boy in Monster World, Tetris, Darius,
Road Rash II, Strider, Virtua Fighter 2, Alisia Dragoon, Kid Chameleon, Monster
World IV, Eternal Champions, Columns, Dynamite Headdy e Light Crusader.
O seu prezo oficial de lanzamento é de 79,99 euros, aÃnda que en varios
establecementos venden a consola en reserva
por 76,99 euros.
- <em<Virtua Fighter 2 é un dos xogos de loita de referencia para Mega Drive
- Columns, un dos xogos máis icónicos de SEGA, estará dispoñible na nova Mega Drive Mini