A Cámara de Santiago móstranos como crear imaxes comerciais con IA

xoves, 18 de abril do 2024 S. P.

A Cámara de Comercio de Santiago organiza este mes de abril unha nova actividade formativa de transformación empresarial que pon o foco no potencial das tecnoloxías IA. O seminario en liña Creación de imaxes comerciais con Intelixencia Artificial celebrarase o día 25 de abril a partir das 18.00 horas (até as 19.30 horas). Incluirá, ademais, da presentación da Oficina Acelera PEME para o Kit Dixital de Red.es (na que participa a Cámara de Santiago), porá o foco nos principios básicos da xeración de imaxes con IA e nas plataformas e ferramentas de xeración de imaxes con IA.
O curso acubilla tamén un obradoiro práctico de xeración de imaxes con IA paso a paso (xeración de imaxes a partir de descrición textual, técnicas, estilos, etc).
Os relatores serán Rubén Beiroa (enxeñeiro en Electrónica e Automática Industrial, director executivo de Train On Tech e co-fundador de Everlatic, ademais de formador e integrador de solucións IoT e coordinador do Nodo 5G de Galicia) e Marc Badosa (docente en Train on Tech e graduado en Multimedia e Master en Intelixencia Artificial).
Esta xornada está organizada pola Oficina Acelera PEME para o Kit Dixital da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela.
As Oficinas Acelera PEME para Kit Dixital postas en marcha por Red.es, entidade pública adscrita ao Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia artificial, coa colaboración de Cámara de España, teñen como obxectivo impulsar a transformación dixital das pequenas e medianas empresas, micropemes e autónomos. As actuacións, están financiadas polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia a través dos fondos NextGenerationEU, no marco da axenda España Dixital 2026 e o Plan de Dixitalización de Pemes 2021-2025.

PUBLICIDADE