Maldonado ficha por Eltiempo.es

martes, 7 de outubro do 2008 Marcus Fernández

O histórico presentador dos espazos de información meteorolóxica de Televisión Español, José Antonio Maldonado, incorporouse coma director da páxina web Eltiempo.es, aportando a súa experiencia como meteorólogo e comunicar a este espazo especializado que conta con máis de 500.000 usuarios mensuais.
Maldonado levaba máis de 20 anos achegando a información meteorolóxica aos fogares españois, e agora salta á Internet, medio que segundo as súas propias palabras «me dá a oportunidade de seguir desenvolvendo a miña carreira nun novo medio de comunicación no que non tiña traballado e, que sen dúbida, é o futuro». Tamén destacou que as vantaxes da Internet fronte á televisión para a información do tempo eran claras pois se ofrece a información actualizada as 24 horas (non tendo que agardar ao informativo do serán) e non se ten por qué ver a información meteorolóxicas de rexións que non interesan; tamén dende o punto de vista dos servizo hai coma vantaxes que se pode chegar a onde non poden as canles de televisión (pois coa Rede se chega a todo o mundo) e a audiencia non se limita a cota de pantalla dunha canle de televisión.
Na actualidade Eltiempo.es ofrece o estado do tempo de toda España, e detallas as predicións en máis de 9.000 localidades (26 galegas).

PUBLICIDADE