As vendas de pelÃculas en Blu-ray non se consolidan
martes, 23 de setembro do 2008
Que as pelÃculas
en formato Blu-ray non están a calar é algo que non se lle escapa a ninguén,
pero o que sorprende é que no
último gráfico elaborado por Nielsen VideoScan presenta un descenso semanal dun
13,39% nas súas vendas, de xeito que este soporte quedarÃa só co 8%
do mercado (o resto continúa a ser feudo do DVD), pese a que fora capaz de derrotar
ao HD DVD.
Segundo parece, as vendas de pelÃculas en Blu-ray só melloran cando chegan
certas estreas con moitos efectos especiais e para un público mozo (dando a
impresión de que os usuarios da PS3 son os únicos que apoian este formato de
vÃdeo), aÃnda que non falta quen sostén que o
vÃdeo en alta definición vai chegar coma descarga a través da Internet
e non en soportes fÃsicos.