Asus confirma que Apple está a preparar o seu propio Tablet PC

mércores, 7 de novembro do 2007 Marcus Fernández

Unha das imaxes presentadas no deseño conceptual presentado por Apple

A presentación dunha enigmática solicitude de patente por parte de Apple iniciou os rumores de que a compañía de Cupertino estaba a traballar nun dispositivo semellante a un Tablet PC, de xeito que retomaría a idea do Apple Newton, pero se renovaría incorporando as características máis populares do iPhone (como a pantalla multi-táctil).
A solicitude de patente non implica que vaia a existir este produto na práctica, pero agora dende Asus declaran que están a «axudar a Apple a construír un Tablet PC».
O novo equipo non se basearía en ningún desenvolvemento previo de Asustek (coma o Asus R1) e todo apunta a que o novo dispositivo sería un Table con arquitectura Intel, cunha versión modificada da última versión de Mac OS X (non esquezamos que xa existe unha versión de XP para equipos deste tipo), con pantalla multi-táctil e características coma o CoverFlow que tan ben funciona no iPhone ou en aplicacións coma iTunes.

PUBLICIDADE