Compostela Wireless publica 5 textos libres traducidos ó galego
luns, 27 de agosto do 2007
A Asociación Compostela Wireless está a traballar
na tradución de distintos documentos libres que circulan pola Rede para que
estean dispoñibles en galego, e ata o momento xa teñen 5 textos completados,
que os achegan dende
a súa biblioteca pública e son os seguintes tÃtulos: Cómo
ser un hacker, E a info será livre, Materiais pra un debate informado, O poder das Redes e Ó principio foi a liña de comandos.
Deste xeito vemos como as iniciativas de tradución ó galego na Intenet non se
limitan a publicacións informáticas, senón que tamén se espallan ós textos que
poden resultar de máis interese para certas comunidades de usuarios.