O RealPlayer permitirá a descarga de vídeos de webs coma YouTube

venres, 1 de xuño do 2007 Marcus Fernández

A guerra dos reprodutores de vídeo fixo que Reprodutor Multimedia de Windows dominase os escritorios dos PC, Quicktime fixese o propio cos Mac e a web tamén conta co Flash con certo éxito, polo que parece que só hai unha baixa: RealPlayer.
Ante este panorama, RealNetworks reacciona co lanzamento dunha nova versión do seu reprodutor, que permitirá ós seus usuarios a gravación e organización dos formatos máis importantes (ou sexa, os soportados polos reprodutores mencionados antes) co atractivo adicional de que poderá gravar vídeos dende webs coma YouTube, Google Video, Yahoo!, Brightcove, AOL, Comedy Central ou Cnet, aínda que respectará os contidos protexidos por sistemas DRM.
Esta nova versión sairá no mes de xuño, e suporá un importante esforzo para recuperar usuarios, posto que o RealPlayer foi un dos reprodutores máis populares nos comezos da web, que está en plena decadencia.

PUBLICIDADE