oTranscribe axúdanos a realizar transcricións de gravacións sonoras

luns, 13 de xaneiro do 2014 Marcus Fernández

Cando gravamos unha lección, unha conferencia ou unha entrevista e logo temos que transcribila, temos que empregar habitualmente un reprodutor multimedia e un procesador de texto, pero para integrar ambas ferramentas nunha solución integral temos agora oTranscribe, unha ferramenta web de código aberto que permítenos subir ao seu sistema un ficheiro de audio en distintos formatos (MP3, OGG, WebM ou WAV) para a súa reprodución (permitindo tanto desprazarse ao longo do mesmo como mudar a súa velocidade de reprodución) para poder teclear o que se di no mesmo nun sinxelo procesador de texto integrado e que deixa exportar o texto tecleado nun ficheiro de texto plano que incluso pode almacenarse en Google Drive.
Esta ferramenta conta cunha serie de atallos de teclado para facilitar a transcrición de audios, como a posibilidade de empregar estilos tipográficos, deixar marcas de tempo ou mudar a velocidade de reprodución do audio. Esta útil aplicación web é un desenvolvemento individual de Elliot Bentley, xornalista que creou esta solución para atender a unha demanda da súa profesión e pretende manter o servizo de balde, aínda que non desbota a posibilidade de incluír opcións premium no futuro.

PUBLICIDADE