nVIDIA abandonará a fabricación de módems 4G

mércores, 6 de maio do 2015 Marcus Fernández

O ano pasado nVIDIA anunciou que deixaría de competir nos procesadores para smartphones, en vista do nivel de competencia feroz ao que chegaron Qualcomm e nVIDIA, e agora, avanzando na mesma dirección, fai público que no segundo trimestre fiscal de 2016 abandonará a súa división de módems Icera, que actualmente produce módems 4G LTE, xa que a compañía decidiu que non lles compensa realizar este traballo de xeito interno, polo que optará por empregar módems subministrados por outros fabricantes.
nVIDIA entrou neste negocio en 2011 coa compra de Icera, compañía cuns 500 traballadores actualmente, repartidos principalmente entre Reino Unido e Francia (aínda que tamén con operacións en EE.UU. e Asia) e que supuxo unha importante aposta pola innovación dentro da revolución que achegaban os smartphones, pero agora que nVIDIA está centrada nos videoxogos, os automóbiles e a computación na nube prefiren prescindir de tal división, que estaría aberta a ofertas de compra.

PUBLICIDADE