iMovie estrea versión para iPhone 4

xoves, 24 de xuño do 2010 Marcus Fernández

No día do lanzamento do iPhone 4 nos EE.UU. chega tamén á App Store a aplicación iMovie para o novo móbil de Apple, de xeito que por 4,99 dólares pode adquirirse este programa que permite unha sinxela edición de vídeos de ata 720p no propio móbil, facilitando tamén a súa publicación na Rede (tanto a través de MobileMe coma de YouTube) e a creación audiovisual portátil.
Os vídeos gravados no móbil poden agora modificarse para dar lugar a pezas de maior duración na que sumar distintos fragmentos (eliminando as súas partes sobrantes) e engadíndolles títulos e transicións (para os que xa hai uns temas predefinidos). Aparte de publicarse na Internet, os vídeos tamén poden adaptarse para o seu envío aos nosos amigos a través de correo electrónico ou MMS.

PUBLICIDADE