Zara estrea aplicación para Windows 8

xoves, 16 de xaneiro do 2014 Marcus Fernández

Parece que o Nadal disparou a adopción de Windows 8.1, tanto en escritorios como en equipos portátiles, levando ás compañías a ter moi en conta esta plataforma para chegar ao público, polo que as grandes incorporacións á Tenda de aplicacións de Windows non parece cesar, sendo a última destacable á da marca de roupa Zara, que ofrece así un elegante xeito de moverse polo seu catálogo dende o ordenador ou o tablet, permitindo incluso a localización das tendas da compañía no noso contorno.
A aplicación é moi recomendable para clientes habituais de Zara, pois fai doado coñecer as novidades semanas desta marca e incluso ver os vídeos das súas campañas. Esta ferramenta é de balde, e completa así a aposta da compañía polos sistemas operativos de Microsoft, pois tamén teñen aplicación oficial para Windows Phone.

A nova aplicación facilita a localización das tendas físicas de Zara

PUBLICIDADE