YouTube estrea a descarga de pago de vídeos de alta calidade

venres, 13 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

Exemplo de vídeo con descarga de pago en YouTube

YouTube está a probar nos EE.UU. a opción de descargar vídeos directamente en formato MP4 para poder reproducilos fóra de liña (o que xa permitían certos vídeos de dominio público) pero que agora combinarán as descargas de balde de vídeos coma os das Universidades de Stanford, Berkeley ou UCLA, con contidos de pago, que adquírense utilizando Google Checkout, o que permitiría que os partners de YouTube puidesen capitalizar a súa publicación de contidos en YouTube, de xeito que poderían ofrecer de balde unha versión de baixa calidade accesible en liña xunto coa opción de pagar por unha versión de alta calidade descargable.
Os editores dos clips serán os que definan os seus prezos, aínda que será todo un reto ver cómo son capaces de crear contidos que esperten o suficiente interese para o usuario como para que pague por el.

PUBLICIDADE