Algúns vÃdeos de YouTube amosan a opción de descarga en formato MP4
venres, 16 de xaneiro do 2009

- Os vÃdeos de Change.gov son dos primeiros en soportar a súa descarga sen trucos
Varios usuarios detectaron
que nas últimas horas certos vÃdeos en YouTube (coma os pertencentes á canle de Change.gov)
presentan baixo
a súa caixa de reprodución un texto no que pon Click to download, que inicia un asistente de descarga
do vÃdeo en formato MP4, o que facilita a súa reprodución en distintos
reprodutores multimedia (coma os iPod) ou no PC sen ter que contar con conexión
á Rede para velos (e permitindo gardar unha copia ante potenciais borrados
ulteriores).
Os vÃdeos en MP4 xa se poden descargar de YouTube dende hai bastante tempo
(pois esas versións son as que reproducen certos televisores e dispositivos
multimedia, estreándose grazas ao iPhone de Apple) aÃnda que para
facelo hai que utilizar certo truco,
polo que dá
a impresión de que YouTube estarÃa a estudar a posibilidade de abrir esta
posibilidade a todo o seu público (lembremos que as caracterÃsticas
de ver os vÃdeos en formato panorámico ou en alta definición tamén se probaron
nos últimos meses con categorÃas de vÃdeo en concreto, para implantarse de
xeito xeral).
