Yoigo triplicou a súa previsión de altas

xoves, 21 de decembro do 2006 Marcus Fernández

A entrada do cuarto operadora de telefonía móbil en España parece estar a ter moita mellor aceptación da agardada (posiblemente por mor da súa acertada campaña promocional de lanzamento) xa que triplicou a súa previsión de altas, acadando xa os 15.000 clientes nos seus 13 primeiros días de vida.
Dende Yoigo descúlpanse ante eventuais retrasos na entrega de tarxetas SIM ós seus clientes, pois se ven superados pola demanda actual, superando o medio millón na súa web e recibindo unha media de 10.000 chamadas telefónicas diarias no seu centro de consultas.

PUBLICIDADE