Xornada sobre IPv6 no CESGA

luns, 4 de abril do 2011 Marcus Fernández

O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) organiza este martes unha xornada titulada Preparando a Transición a IPv6, o Futuro de Internet, no que tratarán o cambio de enderezos IP do protocolo IPv4 ao iPv6, contando coa secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, na apertura que terá lugar ás 10:00 horas, á que seguirá o seguinte programa:

10:05 - Presentación
10:30 - Introdución a IPv6 (I)
11:30 - pausa/café
11:45 - Introdución a IPv6 (II)
12:30 - Prácticas con hosts
13:30 - comida
15:00 - Mecanismos de transición
16:30 - pausa/café
16:45 - Prácticas de transición
17:30 - Sesión aberta: experiencias dos propios asistentes
18:00 - Clausura

A xornada aborda este tema co gallo do Día Mundial de IPv6, iniciativa auspiciada pola Internet Society e que o vindeiro 8 de xuño levará a Google, Facebook, Yahoo!, Akamai e Limelight Network a realizar, durante 24 horas, un experimento no que ofrecerán os seus contidos no novo protocolo, para promover a adaptación tecnolóxica ao IPv6, evitando así os traumas cando se esgoten os enderezos IPv4 (dos que xa estarían repartidos todos os bloques dispoñibles).
Polo momento xa confirmaron a súa asistencia á xornada 150 persoas de diferentes perfís (xestores de redes e servizos informáticos, produtores de hardware, empresas de hospedaxe web, consultoras, empresas de creación de contidos na Internet, usuarios finais e estudantes universitarios).

PUBLICIDADE