Xornada en Compostela sobre o impacto das TIC no Xornalismo

mércores, 26 de novembro do 2008 Marcus Fernández

Durante a mañá do xoves se celebra no Hotel Puerta del Caminio de Santiago de Compostela unha xornada organizada polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) que busca abordar O impacto das TIC no Exercicio do Xornalismo orientando 4 relatorios e unha mesa redonda a un público estudantil ou involucrado no sector da comunicación.
O xornalista e blogueiro Jesús Miguel López Vivar abrirá falando da evanxelización nos novos medios e irá seguido do profesor da USB Manuel Gago Mariño, quen ilustrará aos presentes sobre a aprendizaxe das TIC coma paso previo á cultura de rede. Pedro García-Alonso abordará o tema das TIC na formación de ciberxornalistas, e José Pereira Fariña falará das plataformas de xestión de contidos.
O programa da xornada se completará cunha mesa redonda na que Carlos Agulló (La Voz de Galicia), Roberto Noguerol (Vieiros), Juan Castro Rodríguez (Galiciae.com) e Juan Varela (Mediathink Consultores) contrastarán opinións sobre o reto dos xornalistas dixitais.

PUBLICIDADE