Xa se pode manexar o Media Center de Vista a través de SlideShow

luns, 7 de xullo do 2008 Marcus Fernández

Microsoft vén de lanzar a versión de proba do Windows Media Center SlideShow, un gadget que permite empregar a tecnoloxía Windows SlideShow (que permite tirar proveito de pequenas pantallas adicionais incorporadas a equipos informáticos baseados en Windows Vista aínda co equipo apagado) a xeito de reprodutor multimedia.
A nova aplicación permite así que os portátiles que conten cunha pequena pantalla externa (ou os que empreguen unha pantalla adicional, unha PDA ou un móbil compatibles coa tecnoloxía SlideShow) poidan ver imaxes, reproducir música e vídeos, accedan ás gravacións televisivas ou consulten a guía da programación. Ou sexa, utilizar as funcións de Media Center incluso co ordenador en repouso.

PUBLICIDADE