Xa se pode descargar a primeira beta do Internet Explorer 8

xoves, 6 de marzo do 2008 Marcus Fernández

Microsoft presentou en Las Vegas a versión de proba do que será o Internet Explorer 8, que xa se pode descargar da Internet, estando orientado este navegador para programadores e desenvolvedores de páxinas web, que poderán afacerse así á nova aplicación, que destaca por apostar firmemente polo respecto ós estándares de Internet.
Esta primeira beta aínda sería moi temprana, e se agarda que no verán chegue unha versión máis depurada do que podería ser o navegador web do futuro.
Entre as novidades incorporadas a este novo navegador está a recuperación automática (de xeito que tras un erro a aplicación se reinicie conservando as fichas que estivesen abertas anteriormente), a función WebSlice (que permite subscribirse a partes dunha web, e non só a un fluxo RSS completo) e tamén un filtro mellorado contra o phishing, para axudar ó usuario a evitar certo tipo de tipos a través da Rede.

PUBLICIDADE