Xa se pode descargar a beta de OpenOffice.org 3.0 para Mac

martes, 25 de marzo do 2008 Marcus Fernández

Os usuarios de Mac OS X están de noraboa pois a versión de proba do OpenOffice.org xa está dispoñible para a súa descarga tanto para equipos con procesadores Intel coma PowerPC e finalmente se trata dunha aplicación nativa e non precisa das librarías X11 para o seu funcionamento, o que mellora o seu rendemento (así como unha mellor integración).
Aínda que non se trata dunha versión definitiva o OpenOffice.org 3.0 xa funciona de xeito bastante estable, mellora a velocidade con respecto de versións anteriores, permite importar a exportar a multitude de formatos e, ademais, está dispoñible en español, euskera, catalán e galego, incluíndo incluso os correctores ortográficos correspondentes.

PUBLICIDADE