Xa se coñecen as operadoras que comercializarán o iPhone en Reino Unido, Francia e Alemaña

mércores, 22 de agosto do 2007 Marcus Fernández

Despois e moitos rumores, parece que non temos que agardar a setembro para coñecer os primeiros detalles da comercialización do iPhone en Europa, pois Apple vén de pechar acordos con varias operadoras en Reino Unido, Alemaña e Francia.
O Financial Times informou de que as operadoras que vendan o iPhone deberán achegar a Apple o 10% dos beneficios do consumo en chamadas e datos dos usuarios do seu terminal de telefonía móbil, e as operadoras que pecharían un acordo de exclusividade serían T-Mobile en Alemaña, Orange en Francia e O2 en Reino Unido, e o lanzamento europeo do iPhone podería anunciarse a vindeira semana na feira berlinesa IFA.
Segundo parece, o iPhone chegaría no outono ós 3 países mencionados, non chegando ó resto de Europa ata varios meses despois, polo que os plans para a comercialización en España aínda poderían tardar en coñecerse, aínda que o feito de que Vodafone non fose elixida coma operadora no Reino Unido en favor dunha filial de Telefónica (O2) podería indicar que a operadora británica non sería a que se faría coa distribución española, e Movistar tería moitas bazas para facerse coa exclusiva do iPhone en España.

PUBLICIDADE