Xa poden empregarse os mandos de GameCube en Nintendo Switch

martes, 24 de outubro do 2017 Marcus Fernández

A Nintendo Switch recibiu nos últimos días unha importante actualización do seu software que, por exemplo, ampliou a funcionalidade do botón de captura, que agora en vez de tomar instantáneas tamén permite gravar e compartir vídeo dos xogos que están adaptados para a nova funcionalidade e, sen que Nintendo comentase nada ao respecto, incorporaron a compatibilidade con auriculares sen fíos por USB (parecen funcionar con case calquera sistema de auriculares USB con ou sen cable).
Esta nova funcionalidade do USB da Nintendo Switch estaría limitada ao uso da consola en modo dock, ou sexa, conectada ao televisor, pero distintos usuarios descubriron que a cousa non remataba aí, e agora tamén é posible conectar á Nintendo Switch o adaptador USB para conectar mandos de GameCube á Wii U, accesorio que lanzouse no seu día de cara ao Super Mash Bros. da anterior consola doméstica de Nintendo e que agora podería empregarse con normalidade, aínda que en moitos xogos os mandos de GameCube non serían dabondo para realizar todos os movementos, de xeito que serían principalmente prácticos para gozar de xogos de anteriores xeracións, que previsiblemente comercializaranse en formato descargable nos vindeiros meses.

Vídeo no que se amosa o funcionamento dos mandos de GameCube en Nintendo Switch

PUBLICIDADE