Xa pode reservarse a edición para coleccionistas de Skyrim
luns, 8 de agosto do 2011
O 11 de novembro
chegará ás tendas de videoxogos o agardado The
Elder Scrolls V: Skyrim, un impresionante xogo de Bethesda que para
satisfacer aos seareiros desta saga de xogos de rol nacida en 1994 vai
contar cunha edición para coleccionistas de auténtico luxo, que por 149,99
euros incluirá unha espectacular estatua de 30 centÃmetros de alto do dragón
Alduin, o devorador de mundos, o
libro The Art of Skyrim con 200
páxinas de ilustracións a toda cor con prólogo de Todd Howard (director do
xogo) e un DVD co making off do xogo.
Dende Bethesda recomendan reservar xa esta edición especial no caso de estarmos
intersados en facernos coa mesma, pois será unha edición moi limitada.