Xa está dispoñible para a súa descarga o Firefox 18 en galego
luns, 7 de xaneiro do 2013
Dende
hai horas os servidores FTP de Mozilla contan, antes do seu anuncio oficial,
coa versión definitiva do Firefox 18, nova versión do navegador web que xa está
dispoñible para a súa descarga
en galego para Windows, OS
X e Linux,
ofrecendo numerosas actualizacións para corrixir fallos detectados e incorporando
tamén novidades, entre as que destaca o soporte das pantallas Retina para
usuarios con OS X 10.7 e superior. A nova versión de Firefox consegue un mellor
desenvolvemento de JavaScript grazas ao compilador IonMonkey, inclúe soporte
preliminar de WebRTC (estándar que facilitará as comunicacións de voz, vÃdeo e
intercambio de ficheiros dende o navegador sen precisar de complementos
adicionais), mellora o xeito de mudar entre lapelas e incluso ofrece unha mellor
calidade das imaxes que aparecen na web a un tamaño distinto do orixinal
(grazas a un novo algoritmo de escalado).
Como vén a ser habitual, tamén inclúe novidades de grande utilidade para
desenvolvedores e mellora o seu soporte de HTML5.