Xa está á venda Injustice: Gods Among Us
venres, 19 de abril do 2013
Hoxe
chega ás tendas de videoxogos españolas Injustice: Gods Among Us, un xogo de
loita de NetherRealm Studios, creadores de Mortal
Kombat, que amosa versión alternativas dos personaxes de DC Comics como
Superman, Batman, Wonder Woman, Catwoman, Green Lantern, Joker, Cyborg, Flash e
moitos outros, que librarán épicos combates a través dunha orixinal historia na
que a barreira entre o ben e o mal é moi difusa.
- Numerosos personaxes de DC daranse cita en Injustice
Este xogo para Xbox 360, PlayStation 3 e Wii U consegue amosar uns combates espectaculares,
con numerosos ataques especiais nos que o contorno xoga un importante papel, conseguindo
que ofreza algo máis que unha chea de combates tras outros.
Para os que queiran competir neste xogo e poder gañar premios no camiño, o
vindeiro luns abrirase a inscrición na páxina web
de IGN España para un campionato que celebrarase o vindeiro dÃa 27 nos
cines Dreams Palacio de Hielo de Madrid, no que preto
de 400 participantes poderán competir para facerse cunha viaxe a Chicago e
unha consola PS Vita.
Trailer do xogo
Secuencia na que podemos ver como serÃa un combate entre Batman e Supermen en Injustice