Xa á venda Tekken 3D Prime Edition

venres, 17 de febreiro do 2012 Marcus Fernández

O xogo Tekken 3D Prime Edition para Nintendo 3DS xa está á venda en España, permitindo achegar á nova consola portátil de Nintendo o famoso King of Iron First Tournament con gráficos estereoscópicos e máis de 40 loitadores dispoñibles, que incluso poderán competir en liña grazas á conexións Wi-Fi da consola, o que é toda unha primicia da saga Tekken en plataformas portátiles.
A tarxeta do xogo tamén inclúe a película de animación por ordenador Tekken Blood Vengeance, distribuída anteriormente para PS3, pero que desta volta destaca pola posibilidade de poder gozarse en 3D sen lentes.
Tekken 3D Prime Edition conta con varios modos de xogo dispoñibles:
- Supervivencia especial (no que haberá que derrotar ao meirande número de rivais cunha mesma barra de vida)
- Busca de partidas (para loitar en local ou a través da Internet con amigos, opción que só estará dispoñible en 2D)
- Combate rápido (para loitar no escenario desexado contra o rival que elixamos)
- Práctica (para perfeccionar no uso dos movementos básicos e os combos de cada personaxe)

Portada do xogo para Nintendo 3DS

PUBLICIDADE