XCOM: Enemy Unknow terá versión para OS X

mércores, 27 de febreiro do 2013 Marcus Fernández

Unha das grandes sorpresas do ano pasado foi o xogo XCOM: Enemy Unknown, que chegou como un remake do clásico xogo de estratexia en por quendas UFO, poñéndonos ao mando dunha organización paramilitar secreta que ten que defender o planeta Terra dunha invasión alieníxena, repelendo ataques, administrando recursos, desenvolvendo tecnoloxía... todo aderezado cunha ambientación e uns gráficos que conseguen renovar o xogo que estreara MicroProse en 1994 para PC e Amiga, e que agora podía gozarse en consolas domésticas e PC, pero Feral Interactive vén de anunciar que a Elite Edition deste título está a preparar o desembarco no Mac.
Esta edición do xogo para OS X incluirá todos os contidos descargados adicionais publicados para o xogo durante os últimos meses, cos que compensan a demora no lanzamento deste título que na súa versión para PC conseguiu unha puntuación media entre a crítica dun 89 sobre 100, o que o sitúa entre os mellores xogos de 2012.

O xogo ten unha mecánica de turnos bastante áxil

PUBLICIDADE