WordPress inclúe barra lateral e paneis deslizantes na súa aplicación para iOS

venres, 10 de agosto do 2012 Marcus Fernández

Certas limitacións de iOS fai que manter un blogue dende un iPhone ou un iPad non sexa unha tarefa doada vía web, de aí que WordPress conte cunha aplicación oficial que facilita a xestión de blogs en WordPress.com e en instalacións personalizadas deste popular xestor de contidos, que vén de chegar a súa versión 3.1, no que é unha das súas maiores melloras a nivel de interface de uso. A nova aplicación para iOS conta cunha barra de navegación lateral que permite un acceso áxil e doado a distintas áreas da aplicación e, no caso do iPad, a información achégase en paneis que poden moverse co dedo.
Aparte das melloras de interface, a aplicación actualizada inclúe novas funcións como soporte para formato de entradas, o novo sistema de estatísticas de WordPress.com, buscador de amigos en WordPress.com, maior soporte da disposición horizontal da pantalla, acceso doado ao papel de control e á nosa web e, no caso do iPad, inclúense un par de prestacións que xa estaban presentes na versión para iPhone da aplicación, como vista previa de novas entradas e as funcións WordPress.com Reader e Quick Photo.

A versión para iPad da aplicación de WordPress aproveita o espazo dispoñible en pantalla para contar dunha interface de uso moi cómoda

PUBLICIDADE