Wii Sports arrasa nos Premios BAVGA

mércores, 24 de outubro do 2007 Marcus Fernández

A Academia Británica (BAFTA) que premiaba a películas e series de televisión xa conta cos seus premios para os videoxogos (os BAVGA) e na edición de 2007 hai un claro gañador: Wii Sports.
O xogo da Nintendo Wii se fixo cun total de 6 premios (mellor xogo casual, mellor xogabilidade, mellor innovación, mellor xogo multixogador, mellor xogo deportivo e mellor xogo de estratexia e simulación) aínda que non se fixo co galardón ó mellor xogo, que foi parar ó título para Xbox 360 e PC, Bioshock, que é un título de acción en primeira persoa que está a arrasar dende finais do mes de agosto.
A Xbox 360 tamén veu coma o xogo para a súa plataforma, Crackdown, levaba os premios ó mellor uso do son e ó mellor xogo de acción en aventura. A PS3 non fixo presenza este ano, pero a PS2 aínda segue a ter forza, e así o seu Okami gañou os premios ó mellor traballo artístico e á banda sonora orixinal, mentres que God of War 2 tamén acadou o recoñecemento pola súa historia e personaxes, así como polo seu desenvolvemento técnico.
A única presenza de xogos para ordenador limitouse ó Football Manager 2007, que levou un premio PC World por votación pública.

PUBLICIDADE