WhatsApp permitirá usar varias contas na mesma aplicación

venres, 11 de agosto do 2023 Marcus Fernández

Aplicacións como Facebook, Instagram ou X teñen a opción de alternar entre distintas contas de usuario, algo que os usuarios de WhatsApp con móbiles con soporte para varias tarxetas SIM veñen demandando dende hai anos, e que por fin será unha realidade, xa que algúns usuarios da versión de proba de WhatsApp para Android xa poden gozar de tal opción.
Até o momento era posible usar varias contas de WhatsApp clonando a aplicación a través do software dalgúns móbiles que contan coa función multiplicar as aplicacións de mensaxería, ou incluso podía instalar a conta secundaria a través de WhatsApp Business, pero coa nova solución o funcionamento de WhatsApp é moito máis natural, permitindo conmutar entre contas dentro dunha única aplicación.
Agora que esta funcionalidade está en probas, só resta agardar unhas semanas para que chegue á totalidade de usuarios da aplicación.

PUBLICIDADE