Wal-Mart celebrará o comezo da campaña de Nadal ofertando un reprodutor de HD DVD a menos de 100 dólares

venres, 2 de novembro do 2007 Marcus Fernández

O vindeiro día 22 en EE.UU. celebran o seu Día de Acción de Grazas, e tras esa xornada festiva chega sempre o Venres Negro, que é a data que marca o comezo da campaña de Nadal e normalmente é un dos días de máis ímpeto consumista en Norteamérica, o que aproveitan moitos establecementos para lanzar ofertas especiais, pero as ofertas de Wal-Mart para este ano filtráronse á Rede, e xa se pode acceder á web segreda na que se pode ver un portátil Acer por 348 dólares, unha pantalla de plasma de 50 polgadas a 998 dólares e, o máis abraiante de todo, un reprodutor de HD DVD Toshiba HD-A2 a 98,87 dólares (así como varias películas en tal soporte a 14,96 dólares).
Tal promoción podería supor unha primeira entrada masiva de reprodutores de discos de alta definición no mercado doméstico (fóra das consolas de videoxogos) pois se populariza o seu prezo aínda que sexa por tempo limitado, e podería supor un duro golpe ó Blu-ray.

PUBLICIDADE