Volve a mascota virtual da PlayStation 3, EyePet
xoves, 17 de novembro do 2011
- A cámara PlayStation Eye captará o noso salón para integrar no mesmo ás mascotas virtuais EyePet
Hoxe
chega ás tendas EyePet y sus amigos,
nova entrega da mascota virtual da PlayStation 3, que desta volta permitirá educar
e xogar con dúas mascotas á vez, de xeito que os cativos da casa poderán gozar
no mesmo televisor do dobre de travesuras e diversión grazas á experiencia de
realidade aumentada que consegue este tÃtulo en combinación coa tecnoloxÃa de
PlayStation Move.
Entre as novidades de EyePet y sus amigos
está o Centro de Creatividade, que permitirá que os xogadores poidan deseñar
todo tipo de obxectos (xoguetes, adhesivos, vehÃculos...), e tamén numerosos
contidos que poderán desbloquearse e compartirse cos amigos en liña.
O xogo pode mercarse solto por un prezo de 29,99 euros, estando tamén
dispoñible nun paquete co mando PlayStation Move e a cámara PlayStation Eye por
74,99 euros.
- Caixa do xogo, que pode adquirse solto por só 29,99 euros.