Vodafone yu: estrea aplicación móbil para Android

mércores, 5 de marzo do 2014 Marcus Fernández

Unha das grandes vantaxes que teñen as tarifas para mozos Vodafone yu: é que permiten a realización de chamadas e mensaxes de balde entre os seus usuarios, e para facilitar saber cal dos contactos da nosa axenda poden gozar desta posibilidade Vodafone España estrea aplicación oficial de Vodafone yu: para Android.
Esta aplicación de balde tamén permite facer uso de Yutalk (un chat de voz que destaca por permitir realizar unha chamada en grupo cos amigos), permite mandar mensaxes de voz de 15 segundos (chamadas gritos) facilita o control do gasto no móbil e abre a porta a numerosos contidos de Vodafone yu: (vídeos do programa de radio, eventos, experiencias, novas...).
Esta aplicación podemos vela tanto como a típica app oficial de operador de telefonía, como unha alternativa ás ferramentas de mensaxería instantáneas que tan de moda están, dependendo agora dos usuarios o camiño polo que avanzará no futuro.
A xeito de promoción, os usuarios de Vodafone yu: que instalen a aplicación ata o 4 de maio participarán no sorteo dunha viaxe de luxo da Riviera Maya para dúas persoas.

A aplicación fai doado identificar a usuarios de Vodafone yu: entre os nosos contactos


Vídeo promocional da nova aplicación móbil de Vodafone yu:

PUBLICIDADE