Vodafone tamén comercializará o iPhone no Reino Unido
martes, 29 de setembro do 2009
- Vodafone xa inclúe ao iPhone na súa páxina web británica
O anuncio de que
O2 perde a exclusividade da distribución do iPhone 3GS no Reino
Unido grazas a un acordo de Apple con Orange non queda só, e agora
é Vodafone a operadora que confirma que tamén vai comercializar o móbil de
Apple nas illas británicas, aÃnda que neste último caso non será ata
primeiros de 2010 cando a operadora británica comece a vender os móbiles de
Apple (pese a que xa permiten
inscribirse para recibir información sobre o iPhone 3GS dende a súa páxina web).
O feito de que o iPhone 3G e o 3GS vaia ser comercializado por O2,
Orange e Vodafone no mesmo paÃs poderÃa mellorar as vendas do terminal de Apple
á vez que provocarÃa unha guerra de prezos, beneficiando asà aos consumidores
(que terán tamén máis opcións á hora de cambiar de operadora).
AÃnda que esta non será a única nova que afectará ao sector das
telecomunicacións no Reino Unido, onde Orange e T-Mobile estarÃan a negociar a
súa fusión, superando asà en tamaño a O2 e Vodafone.