Vodafone será o provedor preferente da PS Vita 3G en España
luns, 21 de novembro do 2011
- Quen opte por Vodafone como provedor de acceso de banda larga móbil para a PS Vita poderá descargar de balde o xogo WipEout 2048
Sony Computer Entertainment Europe (SCEE) e Vodafone veñen
de anunciar un acordo de colaboración que converte
ao operador de telefonÃa en provedor con preferencia para dar servizo á
conexión 3G da PlayStation Vita
inicialmente en Reino Unido, Italia, Alemaña, Portugal, Australia, Nova
Celandia, PaÃses Baixos e España (en Francia será SFR, socio de Vodafone, quen
ofrecerá o servizo).
Deste xeito temos garantida a distribución do modelo 3G da PS Vita en España,
que custará 299 euros e incluirá unha tarxeta SIM de Vodafone para facilitar
que os usuarios poidan gozar da experiencia de xogo social portátil tras a
compra da consola portátil de Sony que sairá á venda o vindeiro 22 de febreiro.
A distribución vÃa web e en tendas será responsabilidade de Vodafone, e os
clientes que opten por conectar a súa consola coa tarxeta SIM subministrada
recibirán un vale de descarga para obter o xogo WipEout 2048 da PlayStation Store.