Vodafone quere achegar a Internet ao televisor

mércores, 6 de outubro do 2010 Marcus Fernández

Dende Xataka</A> amosan o decodificador de Vodafone que pode verse en SIMO Network

No mes de novembro Vodafone ten previsto que os seus usuarios de ADSL poidan acceder a un novo servizo que integra televisión coa Internet e contidos multimedia do fogar, segundo pode verse estes días no SIMO Network. O servizo Vodafone Internet TV baséase nun decodificador que permite o acceso ás novas canles de TDT de pagamento e de alta definición, con funcións de gravación dixital (para o que é preciso conectar ao receptor un disco duro externo por USB) ou de time shifting, á vez que moitos contidos da Internet tamén poderán verse no televisor (mediante widgets descargables, que facilitarían o acceso tanto a información web como a vídeo que certas canles de televisión teñen accesibles mediante streaming) así como a contidos multimedia dispoñibles na nosa rede local a través do protocolo DLNA.
O Vodafone Internet TV tamén é capaz de reproducir os formatos máis usados de vídeo (DivX, XviD, MP4, ISO ou MKV), de vídeo (MP3, AAC, WAV, WMA, FLAC ou OGG Vorbis) e de imaxe (JPEG, BMP, PNG, TIFF e GIF), o que dota de grande versatilidade a este dispositivo do que aínda non se comunicou o prezo.

A integración de Internet e televisión permite amosar datos da web en pantalla, deixando obsoletos servizos coma o teletexto

PUBLICIDADE