Vodafone ofrece a clientes particulares o servizo de Pulsa y Habla

mércores, 29 de novembro do 2006 Marcus Fernández

Os clientes particulares de Vodafone en España xa poderán empregar o servizo Pulsa y Habla que permite empregar o móbil coma se fose un walkie talkie, de xeito que se pode enviar unha mensaxe de voz a un ou varios usuarios simultaneamente.
Este servizo está dispoñible para empresas dende primeiros de ano, e permite contactar cun grupo de persoas con só premer un botón, sen precisar do establecemento dunha multiconferencia.
Esta funcionalidade a ofrece Vodafone para os usuarios de terminais Motorola L7 e V360, e se presenta coma un servizo “para xente moza que precisa contactar rapidamente coas súas amizadas para organizar plans, falar, etc. xa que permite facelo de xeito instantáneo a un prezo moi económico” estando dispoñible tanto nas modalidades de contrato como na de prepago.

PUBLICIDADE