Vodafone leva as súas tarifas por talles a autónomos e empresas

mércores, 5 de outubro do 2011 Marcus Fernández

A boa acollida das tarifas por talles de Vodafone para particulares levaron á operadora a estender tal política a autónomos e empresas, de xeito que descataloga as súas Tarifas Planas con horarios, os Plans Conecta e os 90x1 para profesionais para contar agora con Plans Empresa (con prezos por minuto) e Tarifas Planas Pro (bono de minutos), que poderán combinarse coa opción de acceder á Internet dende o móbil incorporando unha arroba ao nome de cada plan.
As Tarifas Planas Pro parten de Hablar MINI Pro cunha cota e 19 euros/mes que inclúe 200 minutos a calquera destino nacional ao que poden engadirse 1.000 minutos para chamadas entre liñas da empresa por 5 euros/liña máis. Despois teriamos as tarifas Hablar Pro M, M+ e L con prezos de 30, 40 e 49 euros/mes con 450, 600 e 1.000 minutos en chamadas e a posibilidades de sumarlles acceso á Rede por 10 euros máis ao mes.
Por outra banda tamén teñen os Plans Empresa 10, 30 e 60 (para voz e co consumo mínimo en euros que indica o seu nome) e as tarifas Empresa@10, Empresa@24, Empresa@28 e Empresa@38 cunha cota en euros que indica o seu nome, acceso a Internet e chamadas a un prezo por minutos de 16, 14, 12 e 10 céntimos (aos que habería que engadir o establecemento de chamada).
As tarifas antes mencionadas tamén contan coa posibilidade de contratar módulos de Tarifa Plana Fixos (con ata 1.000 minutos/mes a números nacionais por 10 euros/liña) e Vodafone Fijo (que por 10 euros/liña permite levar o fixo no móbil).

PUBLICIDADE