Vodafone continúa a liderar o mercado 3G en España

martes, 4 de setembro do 2007 Marcus Fernández

O conselleiro delegado de Vodafone en España, Francisco Román, anunciou durante un encontro coa prensa en Santander que “1 de cada 4 dos nosos clientes xa ten un terminal UMTS”, de xeito que con 3,6 millóns de clientes de telefonía 3G a operadora británica supera sobradamente os 2 millóns de clientes deste tipo que ten Telefónica, o que sitúa á compañía na posición líder do sector da telefonía móbil de terceira xeración.
Curiosamente Vodafone conta con 15 millóns de clientes mentres Telefónica a supera con 22 millóns, polo que iso indicaría que os usuarios de Vodafone están máis predispostos á adquisición de terminais válidos para o acceso á Rede e ós seus servizos.
Dende Vodafone estiman que nos vindeiros anos poderían dobrar ou triplicar o número de usuarios de 3G, o que non lle impide asegurar que están a traballar na súa entrada no mercado do acceso á Rede mediante ADSL (para o que se rumorea que están en acordos con Tele2).

PUBLICIDADE