Vodafone anuncia que xa conta con cobertura 4G en Vigo
mércores, 6 de novembro do 2013
A primeiros de setembro Vodafone
adiantaba que estaba a despregar a súa rede de telefonÃa 4G pola nosa xeografÃa,
de xeito que as primeiras cidades galegas que poderÃa gozar da nova xeración de
telefonÃa móbil a través de Vodafone serÃa A Coruña e Vigo, aÃnda que a súa
cobertura serÃa bastante limitada inicialmente, indo mellorando de cara ao mes
de decembro; e hoxe xa confirman a través das plataformas sociais da compañÃa
que o
servizo de Vodafone 4G xa está dispoñible en Vigo (aÃnda que hai usuarios
que veñen detectando a súa dispoñibilidade dende hai varias semanas).
Dende Vodafone aseguran que as novas conexións, polas que non se está a cobrar
importe adicional pese ao anunciado inicialmente, os seus clientes particulares
e de empresa poderán gozar dunha velocidade de ata 150 Mbps, o que facilitará
compartir contidos dun xeito case inmediato, poder gozar de vÃdeos e
videoconferencias de alta definición en mobilidade e mellorar a experiencia de
uso da Rede grazas a unha latencia moi reducida que equipara as redes móbiles
ás ficas.
Para poder gozar de Vodafone 4G hai que contar cun terminal móbil compatible
con conectividade LTE (boa parte dos smartphones actuais a soportan), activar o
servizo chamando ao 123 (ou nunha tenda Vodafone) e estar nunha zona con
cobertura desta nova tecnoloxÃa de comunicación da que xa podemos gozar na nosa
terra.
- Cobertura actual do 4G en Vigo
- Cobertura do 4G de Vodafone na Coruña