Vodafone actualiza a súa oferta de banda larga móbil

venres, 14 de marzo do 2008 Marcus Fernández

Vodafone actualiza as súas ofertas de conexións á Rede a través do móbil, de xeito que xa está dispoñible unha tarifa Navega Mini que permite descargar 200 Mb/mes a 1 Mbps de velocidade por 19 euros/mes (ó superar o volume de transferencia se aplicará unha tarifa diaria de 1,9 euros/día), así como unha mellora da tarifa Navega Plus, que permite navegar sen límite de transferencia a unha velocidade de ata 3 Mbps (para o que precisa de cobertura HSDPA) por 39 euros/mes, aínda que unha vez superado 1 Gb de transferencia a velocidade da conexión se reduce.
Tamén mellora a súa velocidade a 3 Mbps a tarifa Navega y Habla (por 49 euros/mes).
A tódolos prezos indicados habería que engadir o IVE.

PUBLICIDADE