Visual Publinet abre unha nova oficina en A Coruña

mércores, 27 de xuño do 2007 Marcus Fernández

A empresa galega Visual Publinet, todo un referente no mundo da comunicación en liña e que conta cunha carteira de máis de 300 clientes (entre os que están entidades públicas, privadas e empresas líderes no seu sector que se poden consultar no seu protafolio) abrirá este xoves unha nova oficina en A Coruña (sita no nº 35 da rúa Simón Bolívar) dende a que pretenden atender ós seus clientes na zona norte de Galicia, e celebrarán unha festa de inauguración ás 20:00 horas con catering, sorteos e mesmos a actuación do grupo humorístico Cada día peor.
Visual Publinet leva 10 anos emprendendo proxectos coma o desenvolvemento de webs corporativas, portais sectoriais, tendas de comercio electrónico, ferramentas CRM e moitos outros traballos, estando actualmente inmersos na elaboración dun centro comercial virtual para o C.C.A. Vigo Vello e un portal para a Asociación Española de Centros de Recoñecemento de Condutores.

PUBLICIDADE