PuntoGal

O noso boletín por e-mail conta xa con 2.886 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

VideoSpin 2.0, novo editor de vídeo de balde

venres 3 de xullo do 2009, por Marcus Fernández | | Compartir en Tuenti | Compartir |

Esta semana Avid Technology publicou a aplicación VideoSpin 2.0, un programa de balde que permite crear, editar e compartir vídeos dun xeito doado e intuitivo que é compatible con cámaras dixitais que captura vídeo en QuickTime e incluso con teléfonos móbil con 3GP, que na súa nova versión tamén incorpora novas opcións para crear películas a partir de vídeos e fotos cunha maior compatibilidade e facilidade de uso.
Entre as novas características está a función Fit-to-Fill Timeline, que axuda a eliminar automaticamente as bandas negras que aparecen nos vídeos, soporte do formato panorámico para subir vídeos a YouTube e un rendemento global mellorado.
Para a descarga desta aplicación para Windows é preciso rexistrarse.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68

 RSS