Viber estrea servizo de chamadas telefónicas internacionais
martes, 10 de decembro do 2013
A popular aplicación de mensaxerÃa instantánea para
dispositivos móbiles, Viber, que destacaba no seu dÃa por permitir facer
chamadas de voz de balde entre usuarios do servizo (a través de VoIP) dá un
importante paso ao estrear o servizo Viber
Out, que permite facer chamadas a liñas telefónicas fixas e móbiles de todo
o mundo a baixo costo.
Este novo servizo está dispoñible actualmente para usuarios da aplicación de
Viber para iOS, Android e escritorio, agardándose que chegue a Windows Phone en
breve e, ao igual que Skype, funciona en base á compra de crédito en chamadas
por parte do usuario, pero cuns prezos máis competitivos que a plataforma de
comunicación de Microsoft.
Con este tipo de prestación Viber consegue diferenciarse de competidores como
WhatsApp, LINE ou WeChat, conseguindo asà consolidar a súa base de 200 millóns
de usuarios rexistrados.